Ganso Checo Facebook Twitter LinkedIn

Raza de ganso de procedencia checa


  • Ganso checo
  • Ganso checo con crista
  • Identificación sexual dos gansos
  • Por que criar ganso checo?
  • Crianza de gansos checos
  • Venda de ovos para incubar
  • Acerca do ganso checo
  • Coma ganso para salvar o ganso!
  • 

    Como identificar o sexo do ganso checo

    Identificar o sexo dos gansos polo aspecto non é a maneira máis acertada.

    Tanto os machos como as femias son totalmente brancos e mesmo o peso non é sempre un indicador fiábel.

    Identificación do sexo 100% fiábel

    Os gansos, como outras aves da familia Anatidae e os avestruces, teñen penis, en canto que outras aves non. Se se quixer determinar o sexo dos gansos con 100% de precisión, a única maneira de facelo será buscando o penis na cloaca. O mellor procedemento para isto é o seguinte: unha persoa, sentada, coloca o ganso cabeza abaixo entre as súas pernas suxeitando as asas coas coxas. O ideal é que outra persoa suxeite as patas do ganso. Apártase a cauda para atrás para ter un mellor acceso e ábrese a cloaca moi devagar cos dedos. Se for macho, o penis sobresairá. Desta maneira tamén se poden identificar os gansiños recén nados, mais hai que extremar a cautela para non ferilos. Aínda así, o seu penis é moi pequeno (inmaduro, sen desenvolver por completo) e pode ser fácilmente confundido cun dos lóbulos da cloaca.

    Macho de ganso checo
    Macho de ganso checo

    Femia de ganso checo
    Femia de ganso checo

    Ganso Checo > Identificación sexual dos gansos

    Copyright © Ganso Checo, 2006-2024. Tolos derechos reservaos. Última actualización: 08. agosto 2024