Ganso Checo
Raza de ganso de procedencia checa
Ganso checo con crista
Os gansos con crista coñécense desde a era homérica (s. VIII-VII a.C.). A crista na parte superior da cabeza está determinada xenéticamente e aparece cando as suturas craniais non están completamente unidas. Os gansos con crista ocorrían ocasionalmente entre a populación total de ganso checo durante séculos. Nos anos 70 e 80, os produtores checos decidiron criar os gansos con crista, aparecendo así unha raza diferente, recoñecida en 1988 como ganso checo con crista.
Na actualidade existen no mundo seis razas recoñecidas de gansos con crista: o ganso beige americano, o ganso do Empordán, o ganso italiano, o ganso da Normandía, o ganso do oeste da Inglaterra e o ganso checo. O ganso do Empordán só se conserva con crista, en canto que os demáis se conservan con e sen ela.
Ganso Checo > Ganso checo con crista
Copyright © Ganso Checo, 2006-2024. Tolos derechos reservaos. Última actualización: 08. agosto 2024