Ganso Checo Facebook Twitter LinkedIn

Raza de ganso de procedencia checa


  • Ganso checo
  • Ganso checo con crista
  • Identificación sexual dos gansos
  • Por que criar ganso checo?
  • Crianza de gansos checos
  • Venda de ovos para incubar
  • Acerca do ganso checo
  • Coma ganso para salvar o ganso!
  • 

    Coma ganso checo para salvar o ganso checo!

    O pobo checo estivo a criar gansos checos cun só propósito: o funcional (carne, fígado, gordura, plumas). Aínda que poida soar un pouco contraditorio, a única maneira de salvar esta raza é, de novo, utilizándoa.

    As tendencias actuais na agricultura e a gandería van desde o sistema intensivo a grande escada até o sistema orgánico. Con este último prodúcense alimentos de alta calidade sen utilizar pesticidas, que poden ter consecuencias negativas para a saúde humana. As granxas orgánicas e a súa clientela ofrecen unha oportunidade para salvar o ganso checo.

    Cómao para salvalo!

    Vostede tamén pode axudar a salvar o ganso checo! Mesmo se vive na cidade e non pode manter gansos, pode contribuir co seu consumo. Pregunte na súa carnizaría de que razas procede a carne. Infelizmente, nin sequera nos supermercados checos se pode comprar auténtico ganso checo. Aínda que aparezan co distintivo “ganso checo”, na realidade son gansos híbridos de engorde. Se desexa probar un verdadeiro ganso checo, ten que ir até o campo e comprárllelo aos produtores locais que aplican un sistema orgánico. Se incrementamos a demanda de ganso checo auténtico, estarémoslle dando un futuro próspero.

    Por toda Europa hai moitas razas locais de ganso que están en perigo de extinción pola falta de interese. Até comezos do século XX mantíñanse en revoadas de millares, mais agora só hai uns cantos centos. Se non é capaz de encontrar ganso checo xenuíno na súa carnizaría, consulte esta páxina para coñecer outras razas de ganso locais en perigo que tamén precisan da súa atención.

    Ganso Checo > Coma ganso para salvar o ganso!

    Copyright © Ganso Checo, 2006-2024. Tolos derechos reservaos. Última actualización: 08. agosto 2024