Ganso Checo

Raza de ganso de procedencia checa


  • Ganso checo
  • Ganso checo con crista
  • Identificación sexual dos gansos
  • Por que criar ganso checo?
  • Crianza de gansos checos
  • Venda de ovos para incubar
  • Acerca do ganso checo
  • Coma ganso para salvar o ganso!
  • Rexistro na lista de correo

    Correo electrónico:
    País
    Idioma
    

    Por que criar ganso checo?

    Quen lea atentamente estas páxinas preguntarase por que deberiamos criar e preservar o ganso checo. Resumamos, pois, os argumentos a favor e en contra e descubrirá que criar o ganso checo aínda ten sentido.

    Resumo: se está na procura dunha raza de ganso apropiada para a horta e quere producir carne para a familia cuns custos mínimos, o ganso checo é o que precisa.

    Para unha familia de 4-6 persoas, os gansiños de 1-2 parellas serán suficientes para proporcionar carne fresca por un ano (a menos que queira ganso asado todos os días). O ganso checo crece devagar e alcanzar o peso para a matanza leva un tempo relativamente longo. Por outro lado, a maior parte do seu alimento obtense coa pastaxe (a cal é gratuita), complementándose cunha mínima parte de trigo. Con outras razas de gansos de maior tamaño ou de engorde, precísase comprar máis alimento adicional (trigo, fariña de millo, mesturas de pensos con soia) para obter un rendemento suficiente. Por tanto, o custo total da crianza do ganso checo será máis baixo, mais o rendemento neto de carne será máis alto.

    Ganso Checo > Por que criar ganso checo?

    Copyright © Ganso Checo, 2006-2017. Tolos derechos reservaos. Última actualización: 17. abril 2017