Ganso Checo

Raza de ganso de procedencia checa


  • Ganso checo
  • Ganso checo con crista
  • Identificación sexual dos gansos
  • Por que criar ganso checo?
  • Crianza de gansos checos
  • Venda de ovos para incubar
  • Acerca do ganso checo
  • Coma ganso para salvar o ganso!
  • Rexistro na lista de correo

    Correo electrónico:
    País
    Idioma
    

    Ganso Checo

    O ganso checo é a única raza de ganso nativa da Chequia. É unha raza autóctone preservada durante séculos.

    foto Ganso checo

    Comparada con outras razas de gansos, o checo é relativamente pequeno, máis robusto, resistente e fácil de alimentar e criar. Estes gansos teñen un instinto maternal moi bo para incubar os ovos e criar os gansiños.

    As plumas dos gansos checos son de gran calidade e teñen unha proporción de penuxe vantaxosa con respecto a outros tipos de plumas. Durante séculos foron un prezado material para o recheo de almofadas.

    O ganso checo é unha raza especialmente apropiada para a crianza extensiva a pequena escada, ou para a crianza como pasatempo, debido á súa estupenda habilidade para pastar. Por ser o seu corpo de pequeno tamaño, a produción total de carne é un tanto baixa, polo que neste aspecto non pode competir cos grandes gansos híbridos de engorde. O contraponto está nun rendemento neto máis alto e nunha carne de maior calidade, máis fina e saborosa.

    Debido a unha menor necesidade de alimento, a súa crianza é para os pequenos produtores máis rendosa que a de razas grandes ou híbridas de engorde.

    O ganso checo estaba noutro tempo moi estendido polo campo da Chequia. Especialmente no sur e no oeste da Bohemia, a crianza de gansos supoñía unha fonte significativa de ingresos para os produtores máis pequenos. Até mediados do século XIX, máis de 50.000 gansos eran exportados cada ano a Baviera (Alemaña), máis de 1.000 toneladas de plumas a Alemaña, Francia, Suíza e Holanda, 100 toneladas de ovos a Alemaña, Bélxica e mesmo Inglaterra.

    Descrición da raza

    Ganso checo

    Peso
    ganso 5,5-6,6 kg
    gansa 3,5-5,6 kg

    Produción anual de ovos 10-20 ovos

    Peso do ovo 120 g

    Cor do ovo branco

    Uso carne, plumas, (ovos)

    Tamaño do anel
    ganso 24 mm
    gansa 24 mm


    Copyright © Ganso Checo, 2006-2017. Tolos derechos reservaos. Última actualización: 17. abril 2017